I Congreso de Turismo Experiencial en Lugo

Lugo acollerá i I Congrese de Turismo Experiencial en setembro. Neste senso, a Deputada de Rexime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, avanza que está aberto o prazo de inscrición nas Xornadas de Introdución á Creación de Experiencias de Ocio e Turismo da provincia. 

Estas xornadas terán lugar os días 24 e 25 de agosto e enmárcanse dentro da programación do I Congreso de Turismo Experiencial co que colabora a Deputación. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nas xornadas en congresoturismoexperiencial.com/lugoexperience

García Porto explicou que nestas xornadas abordaranse moitos aspectos vencellados co turismo de experiencias. “Os profesionais que acudan recibirán asesoramento para mellorar a súa actividade ao poñer á súa disposición claves e ferramentas para deseñar, crear e comercializar as súas experiencias; tamén lles presentarán casos de éxito reais de territorios semellantes; poñerase o foco nas cuestións que máis demandan hoxe os visitantes; e, entre outros aspectos, presentaranse as novas canles de comercialización e promoción dos destinos”.

A titular de Turismo provincial convidou ás persoas que se dedican ao sector do turismo na provincia e tamén a aquelas que desenvolven unha actividade que pode ser obxecto dunha experiencia turística, a que se anoten. “Van ser encontros abertos nos que se fomentará a participación co obxectivo de xerar un ecosistema colaborativo na nosa provincia. En Lugo contamos cun grande abano de recursos turísticos para crear experiencias diferentes e atraer visitantes e é agora neste novo escenario post-Covid onde temos que ver o noso territorio como unha oportunidade e exprimir ao máximo as súas características que hoxe son tan demandadas: pouca masificación, natureza, e amplos espazos abertos”.