Galicia retira a Portugal e La Rioja do rexistro de pasaxeiros no que inclúe Madrid

Todos aqueles viaxeiros que cheguen a Galicia desde territorios cunha incidencia de coronavirus catro veces superior á taxa galega deben facilitar os seus datos a través da web habilitada pola Xunta ou vía telefónica (a través do 881 00 20 21). Unha semana despois da entrada en vigor desta medida, o pasado 29 de xullo, o Goberno autonómico actualizou a listaxe de territorios de obrigado rexistro. 
As principais novidades son que Portugal e A Rioxa xa non figuran en dicha lista, na que si aparece Madrid. 

Ademais da capital, na listaxe lanzada polo Goberno galego tamén se atopan outras catro comunidades españolas: Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. Tamén deben comunicar a súa chegada todas aquelas persoas que visitasen nos catorce días naturais anteriores algún dos 22 territorios europeos que incluídos na listaxe como Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kósovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Rumania, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína. 

A medida inclúe a obrigación de que os establecementos de aloxamento turístico informen os seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao comezo do proceso de venda. 

Tamén deberán facelo as empresas que despracen aos seus traballadores por motivos laborais. A entrada en Galicia desde outros continentes A nivel internacional deben comunicar a súa entrada en Galicia todas aquelas persoas que procedan de calquera país do continente africano, nun total de 29 territorios do continente americano ou en calquera dos 32 países asiáticos que figuran no rexistro.