Deputación e concellos ourensanos coordínanse para venderse como destino termal

A Deputación de Pontevedra presentará unha candidatura a fondos para o desenvolvemento de Plans de Sustentabilidade Turística baseada no seu potencial termal, un proxecto que "require do traballo coordinado e conxunto de todos para propoñer accións que melloren a sustentabilidade do modelo de desenvolvemento turístico". 

Con este obxectivo en mente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández,  reuniuse esta semana con catorce alcaldes da provincia para presentarlles este proxecto que pretende destacar o liderado da provincia como destino termal de referencia.

No encontro participaron os alcaldes e representantes dos concellos de Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños e Ribadavia.

A iniciatva, na que colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais, pretende reactivar o sector turístico da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial. O obxectivo é "facer despegar os nosos territorios termais en Ourense e conseguir este financiamento que pode ser vital", dixo o vicepresidente do goberno provincial.