A vendima podería adiantarse como moito unha semana

As choivas destes últimos días foron, e nunca mellor dito, como auga de maio para os viñedos galegos. Estas precipitacións contribuiron a que os viñedos recuperasen un alto grado de normalidade no que se refire ás previsións de comezo da vendima. As cepas sufriron un alto estrés hídrico por mor das altas temperaturas rexistradas en xullo o que propiciou, non obstante, un frenazo no proceso de maduración.

Coa chegada destas choivas agosteñas, os técnicos consultados por hggtonline, coinciden en sinalar que se volve á normalidade no proceso de maduración, que as uvas recuperaron auga e que con temperaturas por debaixo dos 30 grados estiman que a vedima, en condicións normais, poderíase adiantar como moito unha semana en relacións ás de anos anteriores, e só ser máis madrugadora en casos excepcionais.