A Apehl instará ao concello de Lugo a prórroga das licencias das terrazas

Foto de El Progreso
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reunirase esta semana coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para solicitar a ampliación das licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas na capital que se puxeron en marcha a mediados do mes de maio, con motivo de facilitar a situación do sector hostaleiro tras a pandemia pola covid-19. 

Estes permisos, levados a cabo polo Concello tras a petición da propia Apehl, tiñan vigor desde o pasado 23 de maio ata este próximo 31 de agosto. A Asociación pediralle á alcaldesa que “se amplíen estes prazos da maneira máis sinxela e áxil posible para seguir apostando polo apoio aos hostaleiros, profesionais que están atravesando por unha época moi difícil”, afirma Cheché Real. 

Ademais de solicitar esta prórroga, Real agradecerá a medida posta en marcha polo Concello de Lugo, xa que recoñece que “todas as medidas en favor do sector serán máis que necesarias para remontar esta crise e manter os negocios e os empregos deste colectivo”.