Vilagarcía dividirá en tres o seu "Combate Naval"

O espectáculo pirotécnico coñecido como o Combate naval, enmarcado nas Festas de San Roque, é probablemente o evento máis multitudinario do verán de Vilagarcía. Un evento que este ano o concello decidiu adaptar para evitar a aglomeración de persoas nunha zona concreto, dividíndooo en tres espectáculos pirotécnicos simultáneos en Vilagarcía, Carril e Vilaxoán. Ademais, todas as lucerías serán aéreas para facilitar a súa visibilización dende unha maior área xeográfica.

Para dispersar aos espectadores, os fogos de artificio lanzaranse en Vilagarcía dende o peirao do Ramal, e en Carril e Vilaxoán, dende os seus respectivos peiraos. Ademais, tratarase de darlle a maior altura posible aos foguetes para que teñan un maior alcance de visualización. A duración do Combate Naval tradicional en Vilagarcía varía entre os 22 e os 28 minutos. Nesta ocasión, e dado que haberá espectáculo en tres puntos diferentes, a duración mínima será de 15 minutos en cada un deles, para o cal deberá utilizarse 785 quilos (netos) de pólvora, cifras ámbalas dúas que poder ser melloradas polas ofertas das empresas.

A Concellería de Cultura ultima estes días o programa das festas de San Roque, unha programación que, como xa se dixo, adaptarase á “nova normalidade” con fórmulas e propostas que fan compatible a realización dunha oferta lúdica e de divertimento coas normas de seguridade contra o COVID. O programa presentarase nos vindeiros días.