
“A iluminación xa está contratada na mesma liña do ano pasado, estamos preparando a mellores festas de Nadal que se fixeron nunca, polo tanto serán mellores que as de 2019, e levará como elemento central seguridade covid ao 100%”, sinalou o rexedor.
Caballero tamén sinalou que haberá de novo un mercado de Nadal en Príncipe (rúa Londres), cunhas dez casetas de venta, e na peonil do Calvario con outras dez casetas, iluminación, decoración, actividades de animación infantil e animación de rúa. Ademais, haberá atraccións recreativas en Porta do Sol (tiovivo-carrusel clásico), Praza da Independencia (tiovivo-carrusel clásico), Praza do Progreso (tren infantil), Rosalía de Castro (rampla de xeo), Areal (pista de xeo ao aire libre), Samil (pista de xeo cuberta), Samil (pista de karts).
Ademais, haberá un tren turístico por toda a cidade e espectáculos de inverno con 3D, parques temáticos, talleres infantís e atraccións acuáticas en Teis, Bouzas, As Travesas, Praza do Berbés, Praza de Portugal e Coia. Tamén actividades e espectáculos de animación sociocultural, concertos, circo temático de Nadal e actividades de animación na rúa.