
Segundo propón o texto, a terminal viguesa é "viable e imprescindible para o desenvolvemento económico, industrial e turístico da área metropolitana de Vigo", o que debe ser un motivo para que o presidente do Goberno galego "defenda a súa permanencia, aposte claramente por esta infraestrutura como fixeron os gobernos socialistas do Estado e para que o apoie economicamente".
Amais expón que a Xunta de Galicia non apoiou ao aeroporto de Vigo nos 11 anos de goberno de Núñez Feijóo que, coas axudas ao de Santiago, "pretendía centralizar o sistema aeroportuario de Galicia en Santiago".