Segunda acción do SacraFestival en Vía Romana


O sábado 8 de agosto Vía Romana Adegas e Viñedos acollerá a segunda acción do SacraFestival 2020 coa intervención teatral de María Vázquez e Víctor Duplá e a estrea do espectáculo de danza inclusiva "Límites", da compañía ‘ExperimentaDanza’, coa colaboración con Human Dance Project, e a música en directo de Laura LaMontagne e PicoAmperio (dirección de Carlota Perez). 

A entrada é de balde, pero o aforo é limitado. Recoméndase coller o bus da organización (5 euros. Saída ás 19:30 h. dende a Casa da Cultura de Chantada Turismo. Volta ás 21:30 h.). Non se pode estacionar dentro do espazo da adega.

Vía Romana é un dos espazos elexidos para o SacraFestival, cita musical e artístico nun marco natural de excepción na Ribeira Sacra, que nesta edición espaciará as accións no tempo co fin de perxudicar menos a natureza e distribuír máis e mellor a riqueza xerada.

Dividir as forzas coa única intención de chegar máis lonxe, sendo o máis sostible posible. Sí, aínda haberá música, danza, cine, formación, viño, cultura… pero deconstruíndo o festival para tentar ser aínda máis sostible que nas edicións pasadas.