Retómanse as rutas do proxecto Facendo Camiño

O Camiño de Santiago é un produto único e de grande valor para a comunidade de Galicia. Por este motivo, de cara ao Xacobeo 2021 é preciso incrementar a profesionalización e a sensibilización dos axentes turísticos galegos, co obxecto de mellorar a experiencia do peregrino.


O proxecto Facendo Camiño, deseñado por Proturga, Profesionais do Turismo de Galicia; nace con este fin, para que os axentes turísticos coñezan o Camiño de Santiago de primeira man e se convertan nos mellores prescritores do mesmo.

Facendo camiño é facer a experiencia do camiño a través de tódolos axentes turísticos do destino. Para desenvolver este proxecto, Proturga obtivo unha subvención no marco da liña O Teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia.

Tras a situación relativa ao COVID-19 e a obrigación de pospoñer as rutas, Proturga comunica agora que xa teñen novas datas das rutas pendentes de realizar, e que se retoma o proxecto coas medidas de seguridade e sanitarias oportunas.

As datas das rutas son as seguintes:
Vía da Prata: 30 de xullo
Camiño Primitivo: 1 de agosto
Camiño Francés: 15 de agosto
Mar de Arousa e Río Ulla: 5 de setembro
Camiño de Fisterra: 15 de setembro

Próximamente darán a coñecer as datas de inscrición, polo momento está o prazo aberto para a primeira das rutas: Vía da Prata.