Pontevedra presenta ao grande a programación de verán

Portavoces dos grupos políticos da corporación e 50 artistas e representantes de produtoras e compañías, tanto de Pontevedra como de toda Galicia, arrouparon esta mañá a presentación da programación de verán de Pontevedra. A presentación, que tivo lugar nun acto público na praza da Peregrina, estivo encabezada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e pola concelleira de Festas, Carme da Silva, e incluíu pequenas intervencións musicais de Marcelo DoBode e Cora Velasco, e unha breve intervención humorística de Quico Cadaval. 

Serán en total 294 actividades, das cales 31 corresponden a actuacións infantís, 123 serán actuacións musicais, 125 de animación de rúa, 10 pases de maxia e 5 proxeccións cinematográficas (unha delas en versión orixinal). 

O programa físico inclúe un mapa coa localización dos 13 espazos escénicos nos que se desenvolverán as actuacións, un apartado especial dedicado á semana da Peregrina, e un pequeno crebacabezas coa imaxe e o lema deste ano 'Pontevedra Vívese'. 

As primeiras actividades terán lugar este venres na praza na Ferreiría no marco do XXI Memorial Ricardo Portela, e continuarán ao longo de xullo e agosto cos 18 programas específicos desta edición: Vén Trebellar, Sondeaquí, A rebulir!, Barullada de Rock,Virar coa Gaita, Música Nova, Artes Vivas, Con Voz de Muller, Noites de Jazz, Cinema na Lúa, Clásicas na Rúa, Urban Pontevedra, Aquí Cántase, Vai de Música, Xeiras das artes, Pontevedra Máxica, e a Festa do Demo 

Ademais de Quico Cadaval, Cora Velasco e Marcelo DoBode tamén estiveron presentes artistas e respresentantes de produtoras e compañías como Dúo Xistra, Bea Campos, Pablo Zentolo, Malvares, 105 besos, Pandereteiras de Verducido, Pow, O´Ras, Mentedeamuleto, A Banda da Moureira, Tamara Andrés, Pantano, Singer Stich, Chroma, Verto, Trompas de Farlopio, Fondo Norte, Denova, Desconcerto, Skullnizzz, Charanga Mil9, Expresión Teatro, Laroá, Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, La Casa de los Ingleses, Os Alegres, Seminario permanente de Jazz, Baobab Teatro, Troula Animación, Gaiteiros das Rías Baixas, Os de Algures, As cantigas de Elena, Galifunk Brass, Woyza, Urdime, Pablo Lesuit, Eladio y los seres queridos, Xarope Tulú, Sumrrá, Óscar Ibañez & Tribo, Black Stones, Rivel Animación, Moloch, Fran Rei, e Talabarte