
De feito, os veciños non quixeron sequera agardar ata esta mañá para reunirse cos seus irmáns de alem Minho. En canto se abriu a fronteira ás doce da noite unha comitiva formada por uns 30 veciños encabezados polo seu alcalde, Enrique Cabaleiro, percorreu a vella Ponte Internacional nun acto simbólico que pretendía celebrar a reapertura.
Unha hora despois, respetando a diferencia horaria, abríronse as vallas do lado portugués e os residentes de Valença puideron facer o recorrido á inversa, igualmente liderados polo presidente de la Cámara de Valença, Manuel Lopes.
Dous pequenos paseos que marcan un momento definido como "histórico" polos mandatarios das cidades. De feito Manuel Lopes chegou a asegurar que os habitantes de Tui e Valença percibiran o peche da fronteira como se durase tres ou trinta anos en lugar de 3 meses, xa que a xente estaba habituada a cruzar tres ou catro veces ao día.