
O obxectivo da rehabilitación destas estacións foi convertelas en enclaves para a revitalización económica, social e cultural das áreas que a forman, convertendo estas zonas en espazos de lecer, ecoturismo, turismo activo natural e cultural a través da recuperación e potenciación das rutas da Vía da Prata e os camiños portugueses, así como as vías xacobeas e a Vía Nova. Todo isto foi posible grazas á vinculación histórica das estacións cos espazos nos que se establecen, que lles confiren un gran atractivo patrimonial e ambiental converténdoas en factores de gran interese para o desenvolvemento destas comarcas.
Os Museos das estacións son os seguintes: Museo Moncho Borrajo (Baños de Molgas), con restaurante – cafetería ambientada como unha cantina histórica con temática ferroviaria. Museo do Automóbil – Fundación Estanislao Reverter (Santa Cruz de Arrbaldo) e tamén alberga o Museo do traxe tradicional galego. Estación de tren de Os Peares (A Peroxa); exposición permanente sobre a historia do ferrocarril en Ourense que, situada no antigo peirao de mercadorías. ten cantina decorada con temática ferroviaria e imaxes históricas e unha biblioteca relacionada coa mesma.