Os colleiteiros do Ribeiro lanzan un viño "xuntos"

A Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro vén de presentar no Parque Náutico de Castrelo de Miño o seu proxecto “Xuntas e Xuntos”, dous viños que comercializarán de forma conxunta a través das canles de alimentación a través da iniciativa de Medio Rural Mercaproximidade. 

A idea xurdiu durante a crise sanitaria, coa intención de darlle saída á produción que non foi posible comercializar a través da canle Horeca. O proxecto conta cunha tirada de ata 80.000 botellas de branco e 20.000 botellas de tinto e conta co respaldo de dous dos enólogos máis prestixiosos de Galicia, Pablo Estévez e Álvaro Bueno. 

No acto de presentación participaron o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez; o vicepresidente da Diputación de Ourense, Rosendo Fernández; a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa; o presidente do Consello Regulador da Denominación de Origen Ribeiro, Juan Casares, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez. 

Este último puxo en valor a iniciativa e aproveitou a ocasión para recordar os estreitos vínculos dos viños do Ribeiro co territorio, destacando a importancia do sector para o noso rural, así como o papel fundamental que desempeñan as canles curtas de comercialización para darlle saída a estas producións.