Os buses de Alsa levarán a imaxe do Arde Lucvs por toda a meseta norte

O concello de Lugo vén de arrancar unha campaña coa que pretende seguir contribuindo para manter vivo o espírito do Arde Lvcvs, situando na traseira dos autobuses da compañía Alsa un anuncio que anima a apuntarse á festa na súa edición de 2021. 

“Estamos a falar dunha inserción publicitaria itinerante nun soporte de gran visibilidade e notoriedade, onde a imaxe do Arde Lucvs será visualizada nas zonas de Madrid, Cantabria, País Vasco e Galicia, entre outras, alcanzando tanto a viandantes como a condutores, chegando a un amplo volume de persoas” explican dende o oncello. 

Esta acción de publicidade enmárcase no convenio de colaboración asinado entre Concello e Grupo Alsa no pasado mes de xaneiro ao longo da última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR).