O verán resoará con música clásica na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá a programación de “Música no ar”, que levará a música clásica a 14 espazos emblemáticos da provincia entre xullo e setembro. 

Serán concertos gratuitos que non precisarán inscripción previa, excepto no caso dos celebrados nos castelos de Soutomaior e Vilasobroso. Nos demais, poderase acceder ata completar aforo, sempre con máscara sanitaria e respetando as estrictas medidas de seguridade sanitaria marcadas pola organización. 

O programa arrancará o martes 28 de Xullo no Castelo de Soutomaior cun concerto da sección de corda da orquesta clásica de Vigo. Continuará desenvolvéndose durante o resto do verán en espazos emblemáticos de Bueu, no Castelo de Sobroso, O Grove, A Guarda, Covelo, Lalín, Mosteiro de Poio, Caldas de Reis, Baiona, Silleda, Forcarei, Agolada e Salvaterra. 

Paralelamente, dende o organismo provincial tamén adiantaron a programación do programa ReAcción nos Castelos, que tiña previsto chegar ata finais de ano pero que finalmente concentrará as súas 12 actividades entre Xullo e Setembro en previsión dunhas obras no Tellado do Castelo de Soutomaior que vén de ser autorizadas por Patrimonio. 

Concéntrase así un programa no Castelo de Sobroso e Soutomaior, que inclúe artes escénicas, música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica, e con programación centrada nas crianzas. As accións divídense en Noites no castelo, Música con historia, Danza no castelo/Música no castelo, O teatro vén de visita e Música no Ar, que se iniciará o 23 de xullo en Sobroso e o 24 en Soutomaior. Para o público infantil haberá contacontos, obradoiros e actuacións como “Nin príncipes nin princesas”, “Música con historia” e “Creando no xardín”. Neste caso, as actividades requerirán inscripción previa, que se abrirá durante a vindeira semana.