O IV Forum do Camiño de Santiago, Fairway Santiago, celebrarese na capital compostelana os días 8, 9 e 10 de novembro deste ano. Foi presentado polos coorganizadores do evento, Ana Trevisani, Tono Mujico e Manuel Oreiro, que estiveron acompañados polo deputado privincial, Antonio Leira en representación da Deputación da Coruña, a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Santiago, Gumersindo Guinarte.
Todos coincidiron en sinalar que o IV Fairway Santiago é unha grande oportunidade post covid porque o “Camiño segue, e segue vivo”, precisou Ana Trevisani; e os camiños atravesan uns 150 concellos galegos polo que “é un elemento de dinamización económica de primeiro orde”, destacou Guinarte.
O Fairway, ademais dunha feira presencial, está concebido como un foro de debate a través de conferencias e mesas de debate, e un workshop para vender destino, un workshop no que na anterior edición se rexistraron máis de 2.000 reunións de traballo e medio cento de axentes de viaxe e touroperadores que traballan o camiño.
Esta edición está previsto que sexa presencial e que combine participación online, segundo expuxeron os organizadores que, se se dise o pior escenario, se celebraría de xeito virtual. Nembargantes todos abogan porque sexa presencial porue a "a esencia dos eventos é a preencia", subliñou Trevisani.
Os eixes centrais desta edición serán a sostibilidade do Camiño, dos camiños, e a nova normalidade post pandemia, a búsqueda do equilibrio entre ambas as dúas realidades.