Isaac Díaz Pardo nas novas etiquetas do albariño Martín Códax



A etiqueta do albariño Martín Códax é xa unha homenaxe e unha referencia da cultura e da música galega. Nesta ocasión renderá tributo ao intelectual galego Isaac Díaz Pardo. O albariño da bodega cambadesa cambia a súa imaxe habitual e no lugar do fragmento do famoso Pergamiño Vindel que adorna o súa fronte, cede o protagonismo ao retrato de Isaac Díaz Pardo. Este é unha obra do pintor e retratista galego Paco Díaz.

Esta edición especial sairá ao mercado neste mes de xullo para coincidir co 100 aniversario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. Será unha obra moi especial que fai parte dunha homenaxe ao intelectual por parte de grandes nomes da cerámica, pintura e escrita galegos co nome de “ENSAMBLEISAAC”.

O proxecto constitúe unha conxunción conceptual de obras individuais aportadas desde mundos tan diversos como a cerámica, a literatura, as artes plásticas, a música... facetas imprescindibles para construír a síntese da figura do mestre. “ENSAMBLEISAAC” verá a luz o próximo 18 de xullo no 
Museo do Castelo de Santa Cruz, Oleiros, que albergará a exposición permanente da homenaxe a Díaz Pardo.

Esta edición limitada poderá adquirirse en diversos puntos de Galicia ou na tenda online de Bodegas 
Martín Códax, a través da súa paxina web www.martincodax.com.