
Para escenificar a reapertura escolleuse a fronteira do río Caya, entre Badajoz e Elvas, un punto cargado de simbolismo histórico xa que é o mesmo lugar no que España e Portgual realizaron un intercambio de princesas alá por 1729, un paso previo e necesario para dúas bodas reales que puxeron fin a preto dun século de enemizade entre ambos países.
Un lugar histórico que nembargantes non representa nin de lonxe a fronteira máis viva e dinámica co país veciños. Se se houbese perseguido ese criterio o acto debería celebrarse en Galicia, como xa lamentou o presidente da AECT Río Minho, Uxío Benítez. A pesar de non estar de acordo coa fórmula para celebrar oficialmente a apertura entre España e Portugal, lamenta que non se escollera a fronteira máis importante e dinámica económica, a do Miño, para facer o acto central. Hai que lembrar que os 70 quilómetros entre Pontevedra e Portugal inclúen os tres pasos con máis tránsito de vehículos en toda a raia.
Paralelamente, Benítez aproveita para recordar que durante estes tres meses nos que só estivo habilitado un paso na fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal se produciu un "dano irreparable que vai tardar tempo en volver á normalidade". Considera que dende as institucións se está a trasladar a imaxe á cidadanía de que en Portugal hai un problema epidemiolóxico.Neste sentido, criticou as últimas palabras do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quen manifestou a súa "preocupación" pola mobilidade das e dos veciños portugueses cara Galicia.