
“A cata oficial cobra este ano especial protagonismo, en tanto en canto suporá un escaparate promocional para os nosos brancos e tintos en substitución da tradicional Feira do Viño, que tivo que ser cancelada como medida preventiva fronte á Covid-19”, afirma García Pando.
“Por iso, a cata –que tradicionalmente so ía dirixida a aquelas adegas que participaban na feira con espazo expositor de seu- abriuse desta vez a todas as interesadas e 23 delas remitíronnos mostras para seren avaliadas”.
A entrega de premios A XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras porá en valor os mellores brancos e tintos da zona no marco dun acto público de entrega de premios que se celebrará o vindeiro 31 de xullo na comarca. Distinguiranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos e haberá unha mención especial para brancos e outra para tintos doutras añadas.