
O prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro xoves 16 de xullo. Poden concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida –ficha de inscrición , fotocopia do ingreso da cota de inscrición, ficha técnica da tapa e fotografía da tapa– a través deste correo electrónico comunicacion@apehl.org.
As bases do XVI Concurso de Tapas de Lugo enviaranse por correo electrónico e estarán a disposición nas páxinas webs www.apehl.org e www.eparacomerlugo.com. Debido á situación epidemiolóxica existente, as bases deste XVI Concurso de Tapas de Lugo poderán sufrir variacións para respectar as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias e cumprir coa normativa vixente.