A Xunta quere reforzar a marca Galicia Calidade

A Xunta potenciará e reforzará a marca Galicia Calidade como un selo que englobe, identifique e mellore o posicionamento de produtos do sector primario. Así, este indicativo amparará os produtos con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida, aqueles que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación, os derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, así como os que teñan os selos de artesanía alimentaria, Galega 100% e pescadeRías. 

Así o salientou o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, no acto de presentación da mostra de produtos rexionais “Da terra e do mar a mellor calidade” promovida por Carrefour. 

A maior presencia da industria alimentaria na marca Galicia Calidade ten como obxectivo gañar en competitividade e notoriedade como instrumento de acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais. Esta iniciativa encádrase no Plan de reactivación e dinamización que impulsa Medio Rural e que suporá un investimento total de máis de 165 millóns de euros, cun impacto económico estimado que superaráos 586 millóns. 

A marca Galicia Calidade vasise reforzar mediante unha “promoción transversal”. Nesta liña, o conselleiro incidiu en que “Galicia non é unha comunidade autónoma de cantidade, senón de calidade” e insistiu en que“Galicia, no ámbito agroalimentario é sinónimo de calidade”. 

José González destacou tamén durante a súa intervención a canle Mercaproximidade e salientou a participación de Carrefour nesta iniciativa, que vinculou coa “aposta polos pequenos produtores, que son un dos motores do rural galego”.