A Xunta asina convenios con axencias e turoperadores para incentivar o turismo interno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acaba de asinar dous convenios por valor de medio millón de euros co presidente da Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI), Juan Antonio Rivadulla, e o presidente da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA), Jesús Francisco Ares. 

O obxectivo é combater os efectos económicos da covid-19 no sector turístico incentivando o consumo con novas iniciativas que faciliten as viaxes na Comunidade e evitando a anulación de paquetes turísticos por parte dos usuarios. Así, as axencias ofrecerán descontos de ata o 10% a aqueles particulares que contratasen un paquete para viaxar fóra de Galicia nunha data posterior á declaración do estado de alarma e decidan agora reorientalo cara unha experiencia no interior da nosa Comunidade. Primaranse produtos consolidados como o Outono Gastronómico, experiencias en balnearios, roteiros enoturísticos ou a participación en Elixe Galicia, a iniciativa posta en marcha pola Xunta para promover o turismo interno fóra de tempada.

Ao abeiro desta colaboración, recollida no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico, o convenio permitirá evitar a anulación de paquetes turísticos por parte dos usuarios. Así, as axencias ofrecerán descontos de ata o 10% a aqueles particulares que contratasen un paquete para viaxar fóra de Galicia nunha data posterior á declaración do estado de alarma e decidan agora reorientalo cara unha experiencia no interior da nosa Comunidade. 
Primaranse produtos consolidados como o Outono Gastronómico, experiencias en balnearios, roteiros enoturísticos ou a participación en Elixe Galicia, a iniciativa posta en marcha pola Xunta para promover o turismo interno fóra de tempada. Pero tamén se crearán novos produtos e experiencias pensados para este mercado dándolles facilidades para o seu financiamento, pois poderán pagar de xeito fraccionado nun prazo de entre seis e 12 meses sen custe adicional.

No que se refire á colaboración cos turoperadores, o convenio inclúe a posta en marcha de novos produtos turísticos vinculados ao Xacobeo 2021 e elíxense áreas estratéxicas que permitan diversificar a actividade turística polo territorio galego, como a Ribeira Sacra, a Mariña Lucense, a Costa da Morte ou os diferentes itinerarios do Camiños de Santiago. Neste sentido, crearanse experiencias para grupos, programas de escapadas e iniciativas que unan a enogastronomía, o termalismo e actividades no entorno rural e o patrimonio cultural.