A Ría da Estrela asina un convenio de promoción co balandro Joaquin Vieta


Travesías regulares e saída asegurada durante todo o mes de agosto para oJoaquin Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia. Con este obxectivo principal a Ría da Estrela (Muros-Noia) ven de asinar un convenio coa asociación Balandro Joaquin Vieta para patrocinar a embarcación que percorre a citada ría. 

A presidenta da Rías da Estrela, Teresa Villaverde, e o presidente da Asociación Balandro Joaquin Vieta, Pedro María Arufe, acompañados polo alcalde de Outes Manuel González formalizaron este convenio entre ambas entidades. O importe corresponde a anualidade de 2020 pero no ánimo de ambas partes está que a colaboración se poida prorrogar no tempo, xa que ambas entidades converxen en ámbito de actuación e interese pola promoción do turismo industrial da ría Muros-Noia. 

Neste sentido, a presidenta da Ría da Estrela destacou que o balandro se convirte no vehículo ideal para a promoción e difusión da enorme riqueza patrimonial e do turismo industrial da ría de Muros-Noia. “O Joaquin Vieta nos permitirá potenciar a Ría de Muros-Noia como destino náutico e de turismo industrial de primeiro nivel”, afirmou Teresa Villaverde. 

O balandro fará un dos roteiros creados no marco do Raid de Turismo Industrial da Ría de Muros-Noia, un producto turístico creado o ano pasado pola Ría da Estrela e que permite aos visitantes achegarse á historia da industria conserveira e da carpintería de Ribeira, unha actividade que carácter tradicional e familiar hoxe considerada Ben de Interese Cultural na que traballaron os máis importantes carpinteros e constructores de barcos de madeira de Galicia. 

Precisamente o Joaquin Vieta é unha das xoias que saíron deste obradoiros artesanais, principalmente situados no Porto do Freixo, desde onde parte o roteiro no que os visitantes poderán coñecer tamén a historia das fábricas de salazón, as lonxas e os portos de Portosin e Muros. 

A partir do 31 de xullo o Joaquin Vieta fará un total de 15 saídas durante o mes de agosto, nos días 1, 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de agosto puidendo transportar a un máximo de doce viaxeiros por travesía, atendendo tanto á seguridade a bordo coma ao estrito cumprimento das prescricións de seguridade fronte á COVID19 postas en marcha pola Ría da Estrela como Destino Seguro. 

O Raid de Turismo Industrial da Ría da Estrela foi lanzado en 2019 con tres roteiros. O primeiro deles será o que se asume o Joaquin Vieta, con saída e chegada ao Porto do Freixo. Os outros dous son unha ruta dende a Central hidroeléctrica do Tambre ata o Porto do Freixo que se pode descender en lancha e outra polo esteiro do Tambre con partida e regreso no porto do Freixo. Ambos os tres nos permiten coñecer non só zonas de especial protección natural e paisaxística dun territorio tan rico como o dos concellos de Muros, Noia e Outes senon unha zona de enorme riqueza en turismo industrial que nos falan da historia máis recente desta ría.