![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_d9jLUNkAPhvY_4pZuDCQPeN8aqFQUts8SH33m2qjZ2VKKrNHqaKo0b3-7lVUUr4KZE6OdAqlyk1VcTT_i8vGc98B7W2NC7pglPDwzt7fgblKl69hZGawSvR0i-_7RpcSTb5_7rCTry1o/s320/200723_Vi%25C3%25B1o+Evega_01.jpg)
No acto estiveron presentes o director da EVEGA, Juan Casares, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernnadez, o alcalde de Ribadavía, César Fernández, entre outrtas aotoriades.
O viño branco está elaborado con variedades de albariño, treixadura, godello, branco lexítimo e loureiro branco; mentres que no tinto están presentes as variedades mencía, sousón, brancellao, caíño tinto e mouratón.
A colleita do viño Evega vense realizando dende o ano 2016 e prodúcense arredor de 550 botellas de branco e de tinto anuais. No caso da colleita 2019, a etiqueta conmemora a saída do prelo do primeiro número da revista Nós, de aí que vaia ornamentada con debuxos que Castelao deseñou para a orla das páxinas deste boletín mensual da cultura galega.