A Coruña lanza un bono para incentivar o consumo na hostalería

O concello da Coruña vén de asinar un convenio coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña por valor de 450.000 euros, cos que financiará unha campaña de bonos para utilizar no establecementos de hostalaría e restauración. 

O importe de cada un é de 5 €, que se obterán a través dunha páxina web e cambiaranse mediante unha aplicación móbil específica subministrada polo Concello da Coruña por compras, consumicións ou gastos superiores a 20 €.

De forma paralela, tamén se desenvolverá unha campaña similar co comercio de proximidade, con bonos de 10 € por compras superiores a 30 € nos establecementos adheridos. 

Trátase de dúas iniciativas enmarcadas no PRESCO, un plan dotado con 13.276.416,20 euros aprobado por unanimidade o pasado 1 de xuño, que pretende "axudar o tecido económico desta cidade para minimizar no posible as consecuencias da pandemia".

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar dúas novas medidas recollidas no PRESCO, un plan dotado con 13.276.416,20 euros aprobado por unanimidade o pasado 1 de xuño. Trátase de dous bonos para incentivar que se compre tanto ao pequeno comercio local coma na hostalaría, bonos que suman unha achega municipal de 1,3 millóns de euros. "O obxectivo é axudar o tecido económico desta cidade para minimizar no posible as consecuencias da pandemia", indica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.