Un autocine de verán percorrerá os catro concellos de Arousa Norte

A mancomunidade de Arousa Norte organizará durante este verán sesións de autocine gratuitas nos catro concellos que a compoñen, ofrecendo películas clásicas e actuais durante as fins de semana de Xullo e Agosto. 

A iniciativa leva por nome "Autocine Lúa Chea no Barbanza" e arrancará no peirao de Cabo de Cruz do concello de Boiro o vindeiro venres 3 de Xullo coa proxección da clásica Grease e da coreana Parásitos. Para o sábado 4 quedarán a película infantil Pinoccio 3000 e a galega O que arde. 

Na fin de semana seguinte o autocine moverase ata o porto de Ribeira, proxectando "Sonrisas de una noche de verano" e "Somos criminais o venres", quedando "Gorgi, las mascotas de la reina" e "Tolkien" para o sábado. 

Xa o 17 de xullo o autocine chegará ao porto de Rianxo con "Cinema Paradiso" e "O que arde" o venres, "O Cid" e "La biblioteca de los libros rechazados" o sábado. Finalmente, o 21 de agosto o autocine desprazarase ata explanada portuaria do aparcadoiro da Pobra do Caramiñal para proxectar "La vida es bella" e "Eroski Paríso" o venres, "Pérez, o ratonciño dos teus soños" e "Bohemian Rhapsody o sábado". 

As entradas serán gratuitas, pero seguirá preciso rexistrarse a traves deste enlace.