O goberno accede a abrir os pasos fronteirizos do Miño para os traballadores

O vindeiro luns día 15 de xuño abrirán por fin os pasos fronteirizos de Arbo-Melgaço, Salvaterra do Miño-Monçao y Tomiño-Vilanova, permitindo aos traballadores transfonteirizos cruzar entre as oito da mañá e as dez da noite. 

Así o anunciou o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, trasladando a resposta positiva do ministro de interior Fernando Grande-Marlaska á unha reclamación que os concellos da fronteira levaban semanas reivindicando, chegando a manifestarse esta semana nas pontes internacionais. 

Para aAECT Rio Minho, organizadora das protestas de alcaldes de ambos lados da fronteira, a apertura dos pasos supón "unha grande vitoria do territorio", que consideran resultado da presión pública e social liderada polo AECT e os concellos miñotos dun e doutro lado da fronteira. "Conseguimos facer visible en Madrid e Lisboa a realidade transfronteiriza, que dous gobernos de dous estados acordaran unha solución para os traballadores transfronteirizos", destacou o seu presidente Uxío Benitez.

O nacionalista lembrou que dende o inicio do peche de fronteiras se pediu unha maior mobilidade, pero que a petición de apertura de máis pasos foi un "clamor" dende finais de abril, cando alcaldes e alcaldesas asinaron un manifesto pedindo máis puntos de paso autorizados e trasladaron un informe da Universidade de Vigo a todos os niveis da administración central e da Xunta de Galicia.

Segundo di o director do AECT, esta medida tiña que ter chegado antes xa que "algúns traballadores e traballadoras se viron obrigados a non seguir nos seus postos". En calquera caso, agradeceu que se tivera "recapacitado" por parte dos gobernos centrais e comprendido o "ilóxico e inxusto" de que un só punto de pasaxe autorizada tivera que asumir o 50% dos tráficos entre Portugal e España.