O Eixo Atlántico demanda un plan de inversións transfronteirizo

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico vén de reclamarlle con carácter de urxencia ao presidente da Xunta unha reunión da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para discutir un plan de inversións transfronteirizo no que participen todos os sectores implicados: concellos, empresarios, sindicatos e universidades.

Foi unha decisión tomada na Comisión Executiva do Eixo Atlántico, organización de cooperación transfronteiriza na que figura como presidente o alcalde de Braga, Ricardo Rio, e como vicepresidenta a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. 

Ademais de reclamar a reunión do órgano presidido por Núñez Feijóo, durante a comisión executiva tamén se acordou dirixirse ao primeiro ministro e ao presidente de España e Portugal, instándoos a que os fondos que se reciban de Europa sexan maioritariamente inversión produtiva e non exclusivamente subsidios, que "se ben son necesarios neste momento para as situacións de emerxencia social, non deben xerar unha sociedade subsidiada senón unha sociedade que poda ser produtiva". Neste senso, reclaman a participación dos concellos na progamación e distribución destes fondos. 

Finalmente, dende o Eixo Atlántico adiantaron a convocatoria para o mes de setembro dunha conferencia de alcaldes e expertos que "debaterán e aprobarán propostas operativas para o proceso de reconstrucción tanto no ámbito das súas propias competencias como no ámbito das competencias nacionales e autonómicas".