Lanzada Calatayud, anfitriona do webinar "Reactivación de destinos urbanos tras el Covid-19"


O Consorcio de Turismo da Coruña continúa co seu traballo para axudar o sector turístico a afrontar o futuro tras a Covid-19. Nesta ocasión, dentro do Plan de Choque da Covid-19 organiza un seminario web no que intervirán cinco mulleres que xestionan o turismo en varios dos destinos urbanos máis importantes de España baixo o título "Reactivación de destinos urbanos tras el Covid-19".

Lanzada Calatayud, xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, será a anfitrioa. Con ela estará tamén Flavia Ramil, directora xerente de Turismo de Santiago de Compostela, e Lara Martínez, xerente de Divertia Gijón, empresa municipal que ten as competencias turísticas na cidade asturiana.

As responsables de dúas das cidades máis relevantes no sector turístico, como son Barcelona e San Sebastián son as dúas últimas participantes con Marian Muro, directora xeral de Turisme Barcelona e Isabel Aguirrezabala, directora de San Sebastián Turismo.

Para poder seguir este seminario web en directo será preciso inscribirse na ligazón bit.ly/3cCHuHa. Emitirase o martes 8 de xuño ás 10h e os participantes poderán enviar preguntas ou comentarios. Para quen non poida seguilo en directo poderá velo tamén en diferido.