
A mostra celebrarase entre o 17 e o 27 de xullo, reducindo o seu carácter internacional á mínima expresión e apostando polo teatro galego e de cercanía, aínda que en principio non renuncian a traer polo menos unha obra procedente dalgún país do espazo Schengen, onde xa estará permitida a mobilidade.
A nova edición blindarase para ofrecer seguridade sanitaria aos seus asistentes, aproveitando a vantaxe que lle ofrece contar cun gran auditorio ao aire libre como o do castelo de Ribadavia. Así, este ano eliminaranse os actos en interiores para centrarse nas actuacións ao aire libre, que tamén usarán as prazas e recunchos do centro histórico.
A programación da mostra darase a coñecer a finais do mes de xuño, desde a organización avanzan grandes sorpresas e seguridade e beleza para o pública nunha MIT "máis especial ca nunca", na que adicarán "todos os nosos esforzos para recuperar a ilusión e a forza do teatro galego".