"Coa ampliación do aquapark vai ser moi fácil cumprir a distancia de seguridade" Sonia Bocija (Turismo Cerceda)
O aquapark de Cerceda é un clásico do verán galego, que neste mes de xuño cumpre 20 anos e polo de agora segue sendo o único do noso territorio. Unha alternativa de ocio que non faltará este verán, blindado iso si con protocolos de seguridade sanitaria e unha gran ampliación para facilitar o distanciamento social. Cóntanolo máis polo miúdo Sonia Bocija, técnica de Turismo do concello de Cerceda.
¿Cando abrirá este ano o aquapark? ¿Cómo será a ampliación do seu espazo?
O aquapark abrirá o 1 de xullo, este ano en principio a tempada redúcese aos meses de xullo e agosto. A amplicación do espazo chegará ata os 32.000 metros cadrados para a zona de lecer, é máis ou menos o dobre do que había. Entendemos que con esta ampliación vai a ser moi fácil cumplir a distancia de seguridade para os usuarios.
¿Qué medidas de seguridade sanitaria tedes previstas para piscinas e atraccións?
Nas atraccións centraremonos nas colas, en controlar as distancias no acceso. Despois deberemos ser estritos co aforo na auga. Cada piscina ten o seu propio aforo e aí deberemos ser coidadosos.
Vai haber máis persoal, e insistirase moito en que se cumpra a normativa. Despois queremos reivindicar os protocolos hixiénicos e de formación que se están a desenvolver para garantir a seguridade de visitantes e traballadores. É a prioridade que temos, que a xente que queira vir o faga de xeito seguro.
Falas dunha tempada reducida a xullo e agosto. Non vos planteades alargar en setembro?
Non sabemos. Se finalmente todo continúa evolucionando ben, non sabemos se se plantearía ampliar o tempo de apertura. Preferimos ir pasiño a pasiño.
En todo caso, o que está perdido é un mes de xuño que outros anos funcionaba bastante ben...
Este ano íamos abrir o 12 de xuño. Nós ahora nesta época ao mellor había veces que tiñamos 30 excursións nun día. Toda esa xente, este ano nada. Ademais, esto afecta a toda a xente que traballa aquí, é un mes menos que van a cobrar.
E supoño que tamén ten un retorno importante para a vila...
É unha reactivación económica e para a vida do ocio. O aquapark ten restaurante cerca, os restaurantes e os supermercados da vila tamén se ven afectados… Ao final o movemento de xente é algo bo para todos.
¿Crees que a xente responderá e teredes un bo nivel de demanda cando por fin poidades abrir?
Nós chamadas xa temos, algúns incluso preguntando se xa estamos abertos. Entendemos que haberá bastante xente. Ademais se ti este ano decidiches que non vas viaxar porque che da medo cambiar de provincia, meterte nun avión… Pois somos unha opción que está aí, considero que temos unhas tarifas moi económicas para un sitio onde podes pasar todo o día…