Cerdedo-Cotobade estrea depuración ecolóxica de augas residuais

Cerdedo-Cotobade estrea un un proxecto pioneiro de depuración de augas residuais, xa probado con éxito en Europa, consistente na creación dun humidal ecolóxico artificial en Paraños (Carballedo), que permitirá tratar os vertidos de ata 150 habitantes cun investimento de 60.000 euros.

A gran vantaxe deste novidoso proxecto radica en que é inocuo, sen case produtos químicos, produce moi poucos lodos porque é un proceso natural, é moi eficiente cun custo de mantemento moi baixo, ten un consumo enerxético moi reducido e non xenera nin cheiros nin insectos cunha alta integración na paisaxe.

"Está todo rematado e só resta a instalación eléctrica para poñela en funcionamento e cando estea lista, que agardo que sexa moi pronto, publicaremos un bando para informar aos veciños do procedemento de enganche", precisa o alcalde Jorge Cubela..