A Xunta activa un teléfono para visitantes con síntomas da COVID-19

O goberno autonómico vén de activar esta semana un número telefónico específico para todas aquelas persoas que visiten Galicia nos próximos meses e evidencien sintomatología Covid-19 durante a súa estancia na comunidade.

Así, no caso e que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da Covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.

Aínda que a persoa que presente sintomatología Covid-19 non dispoña do cartón sanitario galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.

No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente informaríaselle do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. De confirmarse o positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario.