900.000 euros para o programa de limpeza de praias Coruñesas


O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación definitiva do programa de limpeza de praias 2020, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 40 municipios costeiros coruñeses.

A finalidade do programa é apoiar os concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

O programa contribuirá, un ano máis, á limpeza das praias coruñesas de cara á tempada estival e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contrátanse cada ano preto de 300 persoas.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival