Vigo debaterá coas grandes cidades españolas claves para a desescalada

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, manterá este martes unha xuntanza cos dirixentes locais das 15 cidades españolas máis poboadas co obxectivo de intercambiar información e abordar as pautas e os pasos a seguir no proceso de desescalada e no posterior de reconstrucción económica e social.

Segundo trasladou Caballero, "é unha reunión de enriquecemento mutuo e de transmisión de información", para que a FEMP poda incorporar aos seus plantexamentos de traballo algunha cuestión que puidese afectar ás 15 cidades e que non estivese recollida". Ao fin e ao cabo, "as grandes cidades de España temos factores diferenciais e é bo que o poñamos en común". 

Na reunión participará Vigo como única representante galega. Tamén estarán Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Murcia, Palma, Las Palmas de Gran Canaria, Bilbao, Alicante, Córdoba, Valladolid e Gijón.

Ademais, asistarán os vicepresidentes da FEMP: José María García Urbano, alcalde de Estepona e Milagros Tolón, alcaldesa de Toledo.