Turismo da Coruña participa foro de Saborea España sobre protocolos para reabrir a hostelería

Turismo da Coruña participou xunto con hostaleiros de todo o estado nun foro da plataforma Saborea España que tiña como obxectivo coñecer a situación da hostalería española en relación aos procedementos que deberá asumir para reducir o risco de contaxio do coronavirus.

Na reunión comentouse amplamente o proceso que seguiu o sector turístico español para poder unificar aqueles protocolos que poidan esixir nas fases de desescalada. Para esa desescalada téñense en conta as medidas que elaborou o ICTE (Instituto da Calidade Turística Española) que foron elaboradas en colaboración do sector hostaleiro.

A xerente Lanzada Calatayud e a técnica de promoción turística Susana Fernández, foron as representantes do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña no seminario web no que se presentaron as diferentes opcións que terán os empresarios hostaleiros a partir deste momento para previr o contaxio da covid-19. Na xuntanza tamén estiveron presentes José Luis Yzuel e Emilio Gallego, presidente e secretario xeral de Hostelería de España, que presentaron o seu servizo de asesoramento aos hostaleiros.

Desde Saborea España, ademais, traballan para coordinar e traballar os vindeiros días nunha proposta conxunta que trasladarán á Secretaría de Estado de Turismo para facilitar e simplificar a súa adecación ao sector turístico na nova situación que comeza.