O Consorcio de Congresos e Turismo da Coruña ofrece hoxe domingo 3 de maio ás 18h unha visita guiada virtual en inglés explicando a historia e os puntos relevantes do itinerario do Camiño Inglés de Santiago na cidade herculina.
O obxectivo desta visita é que poida ser seguida polas múltiples asociacións de amigos e seguidores que o Camiño de Santiago ten espallados por todo o mundo tras o éxito acadado pola visita feita en castelán o pasado domingo, que chegou a ter picos de 180 persoas en directo e acumula xa un total de 5.000 reproducións do video.
A visita será levada a cabo polo guía turístico municipal Manu Sánchez e contará coa colaboración do xornalista e investigador do Camiño Inglés Manuel F. Rodríguez así como da cantante Carolina Rubirosa e a irmá do cantante John Lennon, Julia Baird, xa que ambas as dúas son protagonistas do videoclip oficial do Camiño Inglés.
Para poder seguila en directo só é preciso conectarse á hora indicada á páxina de Facebook de Turismo da Coruña (facebook.com/turismocoruna).