Respaldo da mancomunidade de Ferrol para o Xeoparque de Ortegal

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordou este luns no seu primeiro pleno presencial dende a declaración do estado de alarma trasladar o seu apoio conxunto á candidatura de Xeoparque Mundial do Cabo Ortegal, que tras anos de preparativos iniciou recentemente a súa candidatura oficial.

Esta declaración pública é relevante para a candidatura, xa que para acadar o recoñecemento internacional é necesario demostrar o favor de organismos e Administracións significativas da zona á que atangue. E na mancomunidade de Ferrol están integrados Cedeira e Valdoviño, dous dos sete concellos nos que se ubicaría o Xeoparque de Ortegal (xunto con Cariño, Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Ortigueira). 

Son aproximadamente 630 kilómetros cadrados con 52 lugares catalogados de interese xeolóxico, dos que canto menos 5 ten relevancia internacional debido á presencia de rocas e formacións únicas producidas polo lento proceso de nacemento e desaparición da gran Cordilleira Varisca e polo movemento das placas tectónicas do planeta. 

A peculariedad da área reside en que se poden atopar na superficie rocas que habitualmente se atopan a máis de 70 km de profundidade. O que se pretende co proxecto de Xeoparque é dar a coñecer entre o público xeral este patrimonio, facendo que o sustrato xeolóxico sexa coñecido polos habitantes dos municipios e se converta nun referente divulgativo e turístico.