Reactivar o sector náutico con totais garantías de seguridade


A Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) reúniuse con Nava Castro para transmitirlle as iniciativas do sector náutico respecto aos protocolos de seguridade fronte ao COVID 19, e a preocupación do sector pola reactivación do mesmo

Neste senso, a Directora de Turismo manifestou que dende a Xunta en coordinación co Goberno Central, estase a realizar un traballo para crear unhas especificacións técnicas e protocolos para a prevención do COVID-19 para o sector turístico, que será de balde pero obrigatorio. Dado que a náutica recreativa non está considerada como un subsector independente as empresas deste sector deberán revisar as especificacións de catro sectores: turismo activo, portos deportivos, praias e transporte turístico. Por esta razón Turismo de Galicia comprometese a trasladar á Administración Central, as aportacións do noso sector dadas as especificidades do mesmo. 

Nava Castro, informou das diferentes ferramentas e liñas de axuda de que dispón a Xunta de Galicia para o sector turístico durante esta etapa de confinamento, de tal xeito que poidan ser transferidas ao sector náutico e manifestou tamén o seu apoio para que se poda manter a actividade Turística en Galicia coas maiores garantías sanitarias