Reabren as pesqueiras de lamprea do Miño para autoconsumo


O Governo de España ven de autorizar a pesca tradicional da lamprea nas pesqueiras da marxe dereita internacional do Rio Miño, e tamén no Tea “dende a unha desta madrugada”, segundo precisou a Hggtonline.com o alcalde de Arbo Horacio Gil. Así, os pescadores poden acudir a pescar nas pesqueiras ou nas estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias. 

A tempada da lamprea remata o día 21 de maio, nembargantes, postos en contacto con algún restaurante da zona, nos indicaron ao respeito que “a lamprea que se pesca no mes de maio é tradicionamente para autoconsumo, xa non está en comida pois comezou o desove e queda fofa”. Algún destes restaurantes segue a servir lamprea á domicilio ou para levar pero “son lampreas que xa tiñamos nos viveiros”. 

En calquera caso, esta autorización ven de producirse logo da solicitude dos concellos de Arbo, Crecente, As Neves e Salvaterra, que tras unha reunión cursaron esta petición logo da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues que autorizou a partires deste pasado lunes 4 maio a reapertura de ditas pesqueiras na marxe esqueda do río. 

Nunha reunión que mantiveron ao respeito decidiron remitir un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo. 

Entendían que se se autoriza o desprazamento persoal para coidar de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.