"Queremos que a xente que veña á Ribeira Sacra se sinta segura" Antonio Rodríguez (Aba Sacra)

O tren turístico da Ribeira Sacra leva dez anos percorrendo as ladeiras de Amandi, e este verán non será unha excepción. Dende a compañía Aba Sacra sobrepuxéronse á crise do coronavirus adquirindo un novo tren turístico, blindado con todas as garantías sanitarias, que estará funcionando para xullo. Danos máis información o impulsor do tren turístico e presidente de Aba Sacra, Antonio Rodríguez. 

Entendo que non renovástedes o tren que xa tiñades en marcha, senón que adquirístedes un novo...

Adquirimos un tren novo que está pendiente de chegar. O que fixemos foi adaptalo ás características propias do coronavirus. Por exemplo, non haberá só dúas portas como antes senón que cada vagón terá 8 para que non haxa ningún tipo de interferencias entre unhas persoas e outras. Cada persoa ou grupo entrará e sairá polo seu propio espazo. Despois lóxicamente regularase o emprego de máscaras, a separación, colocación de mamparas… Non haberá ningunha posibilidade de achegamento entre as persoas. 

¿Cantas persoas poden viaxar no novo tren?

A cantidade máxima de persoas que pode transportar son 58, contando co condutor e co guía. Este ano imos meter menos, obviamente. Meteremos como máximo o 50% porque con esto non queremos só ganar diñeiro. Queremos que a xente que veña á Ribeira Sacra se sinta segura. Reducir o máximo a eventualidade dun contaxio. En coordinación con empresas como Regina Viarum transmitir seguridade á xente da cidade, para que veña a facer turismo no mundo rural, onde se sentiran cómodos, tranquilos, sen moita xente… 

Nun momento como este, unha inversión tan potente implica confianza na recuperación turística da zona...

Xa temos unha experiencia dunha década dende a compra do primeiro tren turístico. E sempre foi en crecemento, fomos subindo de forma sostible e segura. Salvando este interregno do coronavirus, creemos que esto seguirá sendo así. O noso Wine Tour é moi especial porque amosa a viticultura heroica. Amosamos as viñas, deixámoslle á xente que toque cos seus propias pés as terras de Amandi, rematamos cunha visita e degustación a Regina Viarum… 

¿Cales son as vosas perspectivas para este ano? ¿Crees que a xente apostará pola Ribeira Sacra?

Este ano lóxicamente non teremos un número de visitantes semellante ao de outros anos. Levamos perdido bastante tempo, este mes de xuño ao non poder cambiar de provincia… Pero eu creo que xullo, agosto, setembro e incluso outubro vai haber moita xente. Nós aparte do tren turístico temos un restaurante e unha casa de turismo e últimamente están chamando. No mes de agosto temos prácticamente todo completo. A xente busca un turismo de naturaleza, máis cultural. E iso témolo na Ribeira Sacra. 

En Aba Sacra tamén tedes un proxecto conxunto con Regina Viarum para ofrecer viaxes en globo. ¿Será posible levalo a cabo este ano?

Decidimos aplazalo, por dúas razóns fundamentais. A primeira é que na cesta do globo non se poden gardar as distancias, e se as gardas levas unha ou dúas persoas. Ademais, dende o punto de vista administrativo, o globo require moitas autorización que agora están paralizadas, e non sabemos cando se retomarán. Así que este ano en principio o globlo non vai a poder voar. Como moito en setembro se todo vai moi ben.