Profesionalidade, chave e conclusión do terceiro debade profesional Foro Covid 19


Só a profesionalización nos vai salvar como destino turístico, profesionalidade que significa seguridade, esta foi unha das principais conclusións do terceiro debate empresarial do foro Covid-19 que ven organizando a Deputación dá Coruña. 

Debate que abriu o vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira, que abundou na importancia de contar con técnicos de turismo, que deben ser, segundo expuxo “planificadores do destino e non meros informadores de recursos”. Recomendou e insistiu en coceptos como "profesionalidade, paciencia e confianza nas nosas potencialidades" para sair o máis airosos posible desta crítica situación.

Nesta terceira sesión participaron como poñentes Jesús Rodríguez, director do departamento de activos en Horwatt HLT; Carlos Rodríguez, profesor da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña; Manuel Mosteiro, presidente da Asociación de Ecoturismo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; Rubén L. Pereira, de Item Aga Comunicación; e Carlos Fernández, xerente de Bebidas e Adegas Carballo. 

Jesús Rodríguez apuntou que ou máis importante nestes intres e acurtar os tempos para a volta á nova normalidade pero dende a responsabilidade para evitar rebrotes da pandemia. Reclamou para o sector medidas fiscais específicas de choque e campañas que incentiven a demanda dos destinos. Asimesmo apuntou a necesidade de analizar mercados, hábitos e á competencia para traballar nichos valeiros. 

Pola súa banda, dende ou punto de vista docente, Carlos Rodríguez, esbozou tres premisas básicas “formar, investigar e propñer solucións” e insistiu naa necesidade de “parir” un modelo galego de turismo, dende a seguridade (sempre foi importante á hora de poñer en valor un destino), vender as nosas singularidades dende ou punto de vista emocional e non querer ser ou que non somos. 

Incidiu así mesmo na obriga de eliminar o concepto de que se “ven a Galicia porque é barato” e subliñou que a mellor garantía de credibilidade, calidade e fidelización son os profesionais e, neste senso, matizou que "cando estamos a formar profesionais para que logo se marchen é que algo vai mal e que temos que analizar".

Manuel Mosteiro insistiu na necesidade de poñer en valor os recursos propios, a utilización de produtos locais na gastronomía (é chef do restaurante a Artesa da Moza Crecha) o que redundará nas producións de proximidade, dende unha filosofía slow food e slow adventure, un turismo de expriencias combinadas. 

Rubén L, Pereira considerou que nestes intres unha das tarefas fundamentais é garantir a seguridade sen esquecere a promoción dous recursos de cada destino, ao tempo que reclamou apoio directo das administracións para o sector.

Pola súa banda, para rematar, Juan Carlos Fernández puxo sobre a mesa a problemática que está a sufrir a distribución da canle Horeca, coa a hostalería pechada e produto almacenada; e aínda soportanto os impagos dalgúns hostaleiros, financiándoos, algo que estima vai deixar de sucerder e algúns deles terán que pechar, algo que ao seu xuizo xa debería haber pasado, en beneficio dos que sí son realmente profesionais.