Pontevedra gaña o Urban Road Safety Award da Unión Europea

Pontevedra é a gañadora do primeiro premio de seguridade viaria urbana da Unión Europea, un galardón que “completa un modelo urbano de éxito e que moitas cidades están mirando para tomar decisións sobre como conformar os espazos públicos das cidades”, segundo manifestou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Pontevedra optaba a este premio logo de disputalo a outros 26 proxectos de toda Europa (10 do Estado español), xunto as localidades finalistas de Jaworzno (Polonia) e Ordu (Turquía). A Cidade do Lérez concorreu a este premio a finais do pasado ano de mans da Concellaría de Promoción da Cidade, que xestiona Anabel Gulías, e coñeceu que era finalista o pasado 28 de febreiro. 

A decisión do xurado íase desvelar nunha cerimonia prevista en Bruxelas o pasado 30 de marzo, pero a declaración de pandemia sanitaria obrigou a suspender aquel acto, e foi substituído polo anuncio realizado pola Comisión Europea. O Concello aínda non ten confirmado se se celebrará un acto formal de entrega.

O alcalde destacou que este premio cobra especial interese nestes momentos, cando Pontevedra volve a ser un referente mundial pola recuperación dos espazos urbanos e “pola facilidade que teñen os pontevedreses para cumprir as normas despois deste confinamento”.

Fernández Lores manifistou a súa “grande satisfacción e agradezo o comportamento de todos os pontevedreses porque todas as decisións que tomamos serven para que os espazos urbanos sexan seguros e a xente non teña que terlle medo aos coches que deben cumprir a súa función económica, contaminen menos e permitan a cohesión da cidade e o uso dos espazos públicos. E facer de Pontevedra unha cidade atractiva para vivir”.

Pontevedra concorreu a este premio a finais do pasado ano de mans da Concellaría de Promoción da Cidade, que xestiona Anabel Gulías, e coñeceu que era finalista o pasado 28 de febreiro. A decisión do xurado íase desvelar nunha cerimonia prevista en Bruxelas o pasado 30 de marzo, pero a declaración de pandemia sanitaria obrigou a suspender aquel acto, e foi substituído polo anuncio realizado esta mañá pola Comisión Europea. O Concello aínda non ten confirmado se se celebrará un acto formal de entrega.