Dende a asociación Hostelería Compostela acaban de poñer en marcha un novo apartado na súa web, a través do que pretenden reunir nun mesmo lugar aos socios e socias que sirvan comida para levar e/ou recoller, creando un catálogo virtual no que os hostaleiros poderán ofertar os seus servizos.
Polo de agora a oferta recollida é pequena, pero dende a asociación pretenden ir ampliándoa progresivamente, por iso animan a todos os seus socios a sumarse á iniciativa e aparecer na listaxe.
Na páxina web aparecen publicados directamente os datos dos locais, para que os usuarios poidan poñerse en contacto sen intermediarios para facer os seus pedidos.