Se lle preguntamos a calquer galego polos atractivos turísticos de Vimianzo, seguramente pensaría rápidamente no seu famoso Castelo. E non é por quitarlle mérito á fortificación, que non o merece, pero a verdade é que este concello da Costa da Morte ten bastante máis que ofrecer ao visitante, como por exemplo o relativamente descoñecido pero históricamente relevante tímpano xacobeo da igrexa de Santiago de Cereixo.
Falamos da primeira representación pétrea coñecida do mito da traslatio, unha peza que estes días acaba de romper fronteiras e chamar a atención do profesor asociado de Humanidades da Universidade de Florida, James D'Emilio, que compartiu a través das súas redes as peculiaridades deste tímpano de Vimianzo, aproveitando para explicarlle aos seus seguidores o mito da traslatio, os personaxes que aparecen representados e a peculiaridade de que estea situado na Costa da Morte, lonxe da zona na que se cree que tocou terra a barca apostólica.
Para quen non o coñeza, o tímpano de Santiago de Cereixo amosa unha barca de pedra navegando sobre un mar de ondas esquematizadas, acompañada por un total de 7 persoas atendendo ás versións máis antigas da traslatia. Trátase dunha peza de creación única non só dentro do románico galego, senón de toda a península, xa que soamente se conservan catro obras románicas nas que se trate este tema (a outra que temos en Galicia é a moeda encontrada na necrópolis de Adro Vello en O Grove.