O pulpo está de volta no Carballiño


As pulpeiras regresarán á "Feira do Carballiño" o próximo 16 de Maio, coincidindo co mercado de proximidade que se celebra na vila do Arenteiro. Tras catro feiras suspendidas pola crise sanitaria, as dúas de Marzo e as dúas de Abril, O Carballiño recuperará o seu ambiente de feira, en versión reducida, coa que terá lugar o próximo dia 16 deste mes de Maio, que coincidirá no sábado da semana que ven.


Asi o confirmou á Cadena Cope o alcalde Francisco Fumega: "ese dia xa terémos ás pulpeiras, e xa estarán abertos aqueles locais de hostalaría que teñan terraza", aínda que o rexedor admite que "está aínda por verse en qué condiciós, porque as normas cambian dun dia a outro, e haberá que estudar as condicións concretas que van regular todo".

Ademáis da presenza das pulpeiras, que ese día poderán regresar ás súas ubicacións habituais da feira, tamén o farán aqueles vendedores ambulantes que ofrezan productos do chamado mercado de próximidade, alimentación e agrogandeiros.