A praia de Silgar, n Sanxenxo, abrirá ao público este verán pero con aforo reducido e medidas que garantan a seguridade dos usuarios durante a crise do Covid 19. O alcalde, Telmo Martín Telmo, deu a coñecer a proposta de reordenamiento do areal.
Explicou o rexedor que a praia se dividirá en cinco sectores e cada un deles terá unha cor diferente e estará formado por 780 cuadrículas de 3x3 metros para dúas persoas, pero que se poderán ampliar en función do número de persoas da unidade familiar mediante a agregación de dous, tres ou catro módulos.
As cuadrículas estarán formadas por estacas de madeira cravadas na area e unidas por cordas que se poderán recolocar facilmente en función do número de persoas.
Telmo Martín advirte que esta decisión implicará tamén cambios no aforo da praia. As 780 cuadrículas permitirán presencia no areal de entre 1.560 e 2.340 persoas, é dicir, entre un 50 e un 75 % respecto a veráns anteriores.
Finalmente, o alcalde indicou que se está valorando tamén estender o sistema a outras praias urbanas do municipio como Panadeira, Caneliñas e Canelas.