O apoio, solidariedade e accións dos guías de turismo



Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia), fundada en 1977, ten entre os seus fins a representación, defensa e promoción dos intereses sociais, económicos, profesionais, culturais e de formación dos seus afiliados. Con todo, desde sempre e, con máis razón, nestes momentos de crise, causada pola pandemia COVID-19, estendemos o noso apoio, solidariedade e accións a todos os guías de turismo habilitados legalmente para traballar en Galicia. Un sector unido é máis forte fronte ás adversidades.

En virtude do convenio entre esta asociación e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no marco do plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, temos programadas durante as vindeiras semanas unha serie de actividades formativas orientadas a guías de turismo. Estes seminarios en liña complementan os que xa se estaban a impartir por parte da Axencia de Turismo de Galicia co soporte do Centro Superior de Hostelaría de Galicia.

O pasado venres 22 de maio no primeiro dos Obradoiros do Guía, debatemos en liña con diferentes 
axentes do sector turístico as medidas preventivas que para a "nova normalidade" nos impón a COVID-19.

Alén dos protocolos ICTE de recomendacións sanitarias, a Xunta de Galicia acaba de presentar os requisitos para garantir que Galicia sexa un destino que inspire confianza aos nosos visitantes.

Neste primeiro webinar Medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 e a súa aplicación participaron:

• Nava Castro, Directora da Axencia Galega de Turismo

• Tommi Alvarellos, Presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia

• Carlos del Río, Director-Xerente de Shore and Land Excursions

• Richard Huerta, Presidente de HOSPECO. Director de Ibis Style e Doubletree Hilton Coruña

• Rodrigo Burgos, Director de MEGA e Óscar Cernadas, Director comercial de MEGA (Museo Estrella

Galicia)

• Fernando Mújico, coordinador de Oficinas de Información Turística, Turismo de Santiago

Participaron no foro case que un cento de guías de turismo, que tiveron a oportunidade de comunicar aos

relatores as súas preguntas.

O próximo webinar A nova realidade turística nas cidades galegas tamén será presentado pola Directora

da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, este mércores 27 de maio ás 11:00 h. Técnicos e

responsables de turismo das principais cidades galegas darán a coñecer que medidas se están a tomar

para a circulación sen riscos de turistas individuais e en grupos polas nosas rúas e prazas. Intervirán:

• Flavia Ramil. Directora de INCOLSA-Turismo de Santiago

• Lanzada Calatayud. Xerente Consorcio Turismo de A Coruña

• Maite Deus, Concelleira de Turismo de Ferrol

• Ourense: pendente de confirmación

• Raquel Abollo. Técnico de Turismo do Concello de Pontevedra

• Fátima Dueñas, Xefa de Servizo do Concello de Vigo

Para asistir a estes seminarios é necesaria inscrición mediante correo electrónico dirixido a

secretaria@guiasdegalicia.org. Máis información na sección de noticias da web www.guiasdegalicia.org