Garantía sanitaria, flexibilización e confianza: claves para a recuperación turística nas Rías Baixas
A Deputación de Pontevedra acaba de presentar un avance do seu Plan de Reactivación Turística, que contan con ter rematado para finais de mes e que pretende contribuir á adaptación do sector ás novas demandas e tendencias globais, apostando polo turismo sostible e de proximidade e reforzando conceptos claves como a garantía sanitaria, a flexibilización e a confianza.
Carmela Silva, presidenta do organismo provincial, asegurou en roda de prensa que Galicia pode converterse nunha das comunidades máis atractivas para os visitantes nun contexto no que a demanda turística cambiará por completo. Por iso dende a provincia de Pontevedra consideran fundamental esforzarse en ter todo preparado e adiantarse a estas novas demandas turísticas provocando un cambio na oferta.
A presidenta da Deputación citou a garantía sanitaria, a flexibilización e a confianza como os tres grandes principios para que os turistas se decanten por un lugar determinado: que non existan situacións de masificación ou aforos ao límite e que haxa flexibilidade nas cancelacións ou cambios de plans, tendo en conta que o coche privado será o medio máis utilizado.
A partir deste tres conceptos o plan de reactivación apostará por poñer en valor experiencias locais e sostibles, con acción ligadas ao aire libre e espazos onde non exista perigo de aglomeracións. Neste senso Carmela Silva fixo fincapé sobre a importancia de apostar por un turismo inclusivo e sostible, esforzándonos por traballar no crecemento ético do sector e non limitarse ás contixencias e urxencias do momento actual.
O plan estará dividido en cinco eixos, que contemplarán dende ás imprescindibles e esixentes medidas de seguridade sanitaria ao reenfoque das acción de comunicación e promoción para promover as Rías Baixas como destino seguro en Galicia, España e Norte de Portugal, xa que segundo destacou non tería sentido adicar recursos a lugares que non sabemos se poderán viaxar.
Aínda que o plan aínda non está completo, xa anunciaron as primeiras medidas aprobadas, entre as que se atopa a reconversión das campañas para favorecer o turismo de proximidade, un plan de continxencias sanitarias para as oficinas de turismo Rías Baixas, apoio para workshops que poidan atraer visitantes, proxectos de capacitación do sector e colaboración con todo tipo de festivais e eventos deportivos que poidan celebrarse este ano ou para garanti